
Mil Flores
A riqueza de distintas floracións nun mel aromático, de sabor suave e equilibrado.
Apicultura galega · Produción propia
Das nosas colmeas en Vedra e Forcarei á túa mesa. Dúas variedades, unha mesma maneira de entender o oficio.
Máis de quince anos coidando das nosas colmeas.

DAS NOSAS COLMEASDúas maneiras de saborear Galicia
Suave e equilibrado ou intenso e con carácter. Escolle a variedade que mellor encaixa co teu gusto.

A riqueza de distintas floracións nun mel aromático, de sabor suave e equilibrado.

O protagonismo da flor do castiñeiro nun mel de sabor intenso e personalidade propia.
Tes dúbidas para escoller? Cóntanos o que che gusta e falamos.

Dous irmáns. Unha mesma paixón.
Comezamos hai máis de quince anos, movidos pola curiosidade polas abellas. O que era unha afección converteuse nun proxecto que hoxe forma parte da nosa vida.
Os nosos apiarios están en Vedra e Forcarei. De aí procede todo o mel que ofrecemos: das nosas propias colmeas, cun proceso de extracción e envasado do que nos ocupamos directamente.
Cada floración cambia. Cada colleita tamén. O coidado que poñemos no noso traballo permanece.
Castiñeiro, eucalipto e queiroga forman parte da riqueza floral que rodea os nosos apiarios.
Estamos preto das colmeas e seguimos cada campaña con atención ás abellas e á súa contorna.
Realizamos a extracción e o envasado. Coñecemos a orixe de cada mel porque é a nosa.
O traballo tamén se recoñece
Premios á calidade do noso mel e ao deseño de Berce. Cada recoñecemento, coa súa categoría e a súa historia.

2026 · Ouro
Medalla de ouro na categoría de calidade para o mel Mil Flores.
Ver resultado oficial
2026 · Prata
Medalla de prata para o mel Mil Flores de castiñeiro e eucalipto.
Ver resultado oficial
2025 · 3.º premio
Recoñecemento de Berce na categoría de deseño e etiquetaxe.
Ver resultado en AGA2023 · Ouro
Medalla de ouro na categoría de calidade para o mel Mil Flores.
Ver resultado oficial2022 · Ouro
Medalla de ouro na categoría de calidade para o mel Mil Flores.
Ver resultado oficial
2021 · Prata
Medalla de prata na categoría de calidade para o mel Mil Flores.
Ver resultado oficial
2020 · 1.º premio
Primeiro premio na categoría de mel Mil Flores do II Concurso Mel 5 Estrelas.
Ver resultados publicadosA nosa contorna
Abellas, floracións e tempo. O mel conta algo do lugar no que nace. Por iso, para coñecer Berce, hai que mirar tamén cara ás nosas colmeas.
Queres saber máis? Falamos
Antes de escoller
Algunhas respostas para coñecernos mellor. Se che queda algunha pregunta, estamos ao outro lado do correo.
O Mil Flores reúne distintas floracións e ten un perfil suave e equilibrado. No de castiñeiro predomina esta floración, cun sabor máis intenso e unha personalidade propia. Nas fichas de cada variedade podes coñecer mellor o seu perfil.
As dúas variedades están dispoñibles en tarros de 500 g e de 1 kg. Podes combinar variedades e formatos na túa solicitude.
Preme en «Pedir mel», escolle as variedades, os formatos e as unidades e continúa por correo. A solicitude diríxese a pedidos@berce.gal para consultar dispoñibilidade, prezo e opcións de entrega.
Todo o mel que comercializamos procede das nosas propias colmeas, situadas nos concellos de Vedra e Forcarei. Tamén nos ocupamos directamente da extracción e do envasado.
Escríbenos a pedidos@berce.gal indicando a túa localidade e consulta os puntos de venda e as opcións para recibir o noso mel.
Da nosa casa á túa
Para a túa mesa, para compartir ou para agasallar. Escolle o teu mel e consulta as opcións de pedido.
Tratamos os datos que envíes para atender a túa consulta ou pedido. Política de privacidade.